Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os agricultores franceses tentan pechar os accesos por estrada a París

Os agricultores franceses tentan pechar os accesos por estrada a París

O sector recrúa as protestas e reclaman máis medidas do Goberno galo

Miles de camioneiros españois, afectados polos cortes de tráfico en Francia

G24.gal 29/01/2024 14:52

Este luns, os agricultores franceses volveron sacar os tractores á rúa e ameazan con bloquear indefinidamente os accesos a París. Intentan cortar as principais autoestradas que dan á capital.

Non lles chega coas medidas anunciadas polo Goberno nin tampouco que lles dean a razón. O primeiro ministro galo asume os seus argumentos e acusa os produtores españois e italianos de competencia desleal por ter menos regulacións ambientais, di.

Dende España, o Goberno responde, as normas son as mesmas en toda a Unión Europea. Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación asegura que "non hai ningunha vantaxe competitiva" xa que na UE as normas de produción, de comercialización, "son similares en todos os países membros, e todos as aplicamos igual". 

O Goberno español reclama ademais que se garanta a libre circulación dos camións españois, 22.000 entran cada día, e que non se repitan os ataques. Para Luis Planas, son "absolutamente inadmisibles".

Por medo a perder a carga, moitos camioneiros optaron este luns por agardar en vías de servizo.
Nuno Neves leva luras galegas, conxeladas, a Alemaña. Está parado no control da folga en Poitiers, co frigo acendido para que non se estrague o produto. Está ao pé da N-10. "Non se ve pasar nin un camión por unha estrada pola que normalmente pasan miles", cóntanos nun vídeo.

O seu compañeiro Ernesto Corrales optou por viaxar por estradas secundarias, acumulando horas de atrasos. Esta mañá atravesaba a Bretaña francesa, que é un pouco máis complicado porque están cortadas non só as autoestradas, senón tamén as vías departamentais", cóntanos. Leva produtos do mar, galegos, ao norte de Francia, a Holanda e a Bélxica, pero neste país tamén pode atopar problemas. Como en Francia, os agricultores tamén están pechando as principais vías do país e mesmo os accesos a Bruxelas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade