Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os autónomos, en contra dos cambios na xubilación activa

Os autónomos, en contra dos cambios na xubilación activa

O Goberno propón que só poidan percibir o 100 % da pensión tras cinco anos

Hoxe, poden traballar e cobrar a paga completa se contratan un empregado

Antón Montero 10/04/2024 18:59 Última actualización 10/04/2024 19:40

Chegar á idade de xubilación non implica pasar obrigatoriamente ao retiro. Os empregados por conta allea que queiran seguir traballando poden facelo, pero percibindo só o 50 % da pensión.

O que propón agora o Goberno é baixar esta porcentaxe ata o 30 e o 40 % nos primeiros dous anos. A cambio, a partir do quinto, o traballador podería cobrar a paga enteira ao mesmo tempo que o salario.

A proposta non gusta aos autónomos. A lexislación actual permítelles cobrar o 100 % da pensión desde o primeiro día se teñen algún traballador contratado.

Lorenzo Amor, presidente da Asociación de Traballadores Autónomos: "Esperar ata que o autónomo teña practicamente 71 ou 72 anos para cobrar o 100 % en xubilación activa é un recorte de dereitos. Isto non é progreso nin é propio dun goberno progresista".

Os autónomos supoñen o 80 % de todos os traballadores que se acollen a esta modalidade de xubilación activa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade