Cargando resultados...
Os avogados da quenda de oficio reclaman un traballo digno
Os avogados da quenda de oficio reclaman un traballo digno
Levan en folga indefinida desde novembro para que lles melloren as súas condicións laborais
Aseguran que a día de hoxe lles custa cartos traballar, e que son eles e non o Goberno os que sosteñen a xustiza gratuíta
G24.gal
10/05/2024 14:13
Os avogados da quenda de oficio continúan as súas protestas. Levan en folga indefinida dende novembro para reclamar un traballo digno.
Aseguran que a día de hoxe lles custa cartos traballar, e que son eles e non o Goberno os que sosteñen a xustiza gratuíta. Queren entrar a formar parte do réxime especial de traballadores autónomos sen perder o que teñen cotizado coas mutuas.
E tamén piden que lles paguen as gardas, os desprazamentos, e ter dereito a baixas e á conciliación familiar.