Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os bancos centrais buscan calmar os mercados garantindo a liquidez das entidades

Os bancos centrais buscan calmar os mercados garantindo a liquidez das entidades

O rescate do Credit Suisse polo UBS non tranquiliza os investidores nunha xornada marcada pola volatilidade

G24.gal 20/03/2023 14:41

Os principais bancos centrais buscan tranquilizar os mercados. Queren garantir a liquidez das entidades bancarias mediante una operación conxunta. Será nas operacións diarias ata finais de abril.

"Daría certa calma respecto do sector financeiro en Europa. É certo que estamos nunha contorna de inflación e de subas dos tipos de interese e hai que vixiar moi de preto que non teñamos problemas futuros", di Sergio Ávila, analista financeiro.

Os investidores temen que o rescate da entidade Credit Suisse por parte de UBS non sexa dabondo e a volatilidade se traslada ás bolsas europeas. En España, o IBEX 35 abriu con fortes caídas lastrado polos bancos, pero foi recuperando os 8.700 puntos que perdeu ao inicio da sesión, o mesmo que o resto dos mercados europeos. O Goberno pide pudencia.

"Seguimos moi de preto a situación e valoramos a mensaxe do BCE de confianza respecta á estabilidade financeira", aseguraba Isabel Rodríguez, voceira do Goberno, tras a reunión do Consello de Ministros.

En Asia tamén se impoñen as vendas. Os investidores non dan sinais de recuperar a confianza na estabilidade financeira. Os mercados seguen pendentes de calquera sinal que poida despexar as dúbidas. Os expertos din que a reunión da Reserva Federal dos Estados Unidos esta semana será clave para estabilizar a situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade