Caixabank, cambio de gobernanza, por Venancio Salcines
OPINIÓN
Caixabank, cambio de gobernanza, por Venancio Salcines
A bicefalia é habitual nas fusións amistosas, máxime se é unha absorción que intenta facerse sen sangue, e así foi a de Bankia con Caixabank.
A entidade catalá sabía que a absorción de Bankia, o seu antigo competidor directo, tiña que ser modélica, por moitos motivos, pero o principal é que era así ou non era. Pasado un tempo de rigor, catro anos, Goirigolzarri despídese da presidencia da entidade para dar paso a unha nova etapa marcada por unha nova gobernanza, mais axeitada coa política do Banco Central Europeo.
Etapa que di adeus ás presidencias executivas, cedendo todo o peso sobre o conselleiro delegado e permitindo que a cultura de Caixabank sexa a única que se expanda por toda a entidade.
O que non parece cambiar é a inflación; mentres que en Europa se modera, impulsada, paga a pena a redundancia, pola falta de pulo das principais economías de Europa, aquí sofre o impacto da volta do IVE ao conxunto da cesta da compra.
A fariña, o leite, os ovos, o arroz, o aceite de xirasol... son materia prima doutros, polo tanto, as subas fiscais sobre eles arrastran o resto da cesta da compra. A isto temos que sumarlle que estamos nun momento de crecemento do consumo, esencialmente porque somos máis xente vivindo neste país. É dicir, será una tarefa lenta moderar a inflación, e moito máis lenta se lle imputamos máis cargas fiscais.