Publicador de contidos
Publicador de contidos

Génova confirma que o sucesor de Casado sairá dun Congreso do PP

Génova confirma que o sucesor de Casado sairá dun Congreso do PP

Case todos sinalan a Núñez Feijóo como a mellor solución

Casado reuniuse con Feijóo antes da xuntanza co resto de baróns

Varios dirixentes territoriais pedían a dimisión de Casado

Antón Montero 23/02/2022 20:50

Os 17 presidentes autonómicos do Partido Popular reuníronse con Pablo Casado para buscar unha saída urxente á crise do partido. Unha hora antes, o aínda líder do PP mantivo un encontro a soas co presidente galego. 

Alberto Núñez Feijóo explicou que "acudo á convocatoria, como sempre, do presidente do meu partido. Logo teremos outra xuntanza conforme ao previsto, tamén por convocatoria co presidente dos presidentes autonómicos. É ao que veño e é o que lles podo dicir".

Todos os presidentes coincidiron en que a situación é insostible. O castelanleonés Alfonso Fernández Mañueco explicou que "traio a proposta unánime do Partido Popular de Castela e León para sacar un congreso o máis rápido posible e que garanta a unidade do partido".

Para o andaluz Juanma Moreno Bonilla "o presidente do partido ten todo o seu dereito a explicarnos, a comentarnos, a detallarnos. Temos que darlle o seu tempo".

María José Sáenz de Buruaga, presidenta do PP en Cantabria, cre que "se debe dar un paso a un lado, ou un paso atrás, e vai ser moito mellor que ese paso se dea hoxe e non mañá".

Tamén Paco Núñez, líder popular en Castela- A Mancha, sostén que "o Partido Popular ten un problema e estamos aquí para solucionalo. E hai que facelo con decisión, con firmeza, con medidas drásticas que non sempre son sinxelas".

 O rioxano José Ignacio Ceniceros explicou que "na nosa comunidade autónoma, que é moi pequena e coñecémonos todos, pódolles dicir que durante estes días, o que máis me repetía a xente era 'poñédevos de acordo' e sobre todo 'ánimos a Feijóo'".

 Jorge Antonio Azcón, presidente do PP en Aragón, dixo que "cando ao Partido Popular lle podía ir ben ou cando lle podía ir mal, Feijóo sacaba maioría absoluta en Galicia. Ese currículo non hai ningún político, non do Partido Popular, senón de ningún partido, que o poida acreditar".

Segundo o extremeño José Antonio Monago "eu creo que Feijóo ten o peso específico para darnos tranquilidade neste momento".

Carlos Iturgaiz, presidente do PP no País Vasco explicou que "cando estou dicindo que necesitamos e que lle pido ao señor Feijóo, o presidente do Partido Popular de Galicia, dea o paso,  estou dicindo que o señor Casado ten que dar outro paso a un lado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade