Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Bolechas saen de xira polo Nadal para difundir os cantares de Reis

Os Bolechas saen de xira polo Nadal para difundir os cantares de Reis

Visitarán oito concellos das catro provincias entre os días 26 de decembro e 4 de xaneiro

G24.gal 09/12/2024 14:58

Visitarán oito concellos das catro provincias entre os días 26 de decembro e 4 de xaneiro. Desta volta difundirán entre a cativada os tradicionais cantares de Reis. A actividade, de acceso libre e gratuíto, busca fomentar o galego da man da familia máis querida da televisión. 

"Chegaremos a estes oito lugares promovendo a lingua entre a xente máis nova. As últimas enquisas do Instituto Galego de Estatística dinnos que temos que dedicar máis esforzo e planificación para que os pequenos da familia falen máis galego, ou algún galego", explica o secretario xeral da Lingua da Xunta, Valentín García.

A xira comezará o xoves 26 de decembro na Estrada e, ao día seguinte, fará parada en Padrón. Visitarán Melide o sábado 28 de decembro, antes de achegarse a Celanova o domingo 29 de decembro. Os Bolechas rematarán o ano cunha actuación o luns 30, en Burela.

O primeiro lugar que visitarán no ano 2025 será Verín, o venres 3 de xaneiro, mentres que a xira rematará en Redondela o sábado 4 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade