Os casos activos continúan subindo, mentres baixan lixeiramente os contaxios diarios
Os casos activos continúan subindo, mentres baixan lixeiramente os contaxios diarios
A ocupación hospitalaria descende nas UCI (-2), pero aumenta en planta (+2)
O Sergas notificou catro decesos por mor da covid
Os casos activos seguen subindo (+1.031) e xa están por riba dos 23.600. En total, hai 23.680 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios tamén soben con respecto a onte e rexístranse 2.169.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 4.974 (+202)
Vigo: 4.458 (+226)
Ourense: 2.682 (+139)
Santiago: 3.904 (+157)
Lugo: 2.817 (+91)
Pontevedra: 2.510 (+114)
Ferrol: 2.232 (+95)
En canto á ocupación hospitalaria, esta descende nas UCI (-2), pero aumenta en planta (+2). en total, hai 21 e 427 persoas ingresadas respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.194 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos