Os casos activos mantéñense estables en Galicia e a presión hospitalaria diminúe
Os casos activos mantéñense estables en Galicia e a presión hospitalaria diminúe
Do total de pacientes positivos, 18 están na UCI; 658, en unidades de hospitalización, e 16.832, no domicilio
O número total de falecidos en Galicia desde que comezou a pandemia ascende a 3.369 persoas
O número de casos activos por coronavirus mantense estable en Galicia nos últimos sete días e sitúanse en 17.508, 143 menos ca o venres pasado.
Do total de casos activos, segundo a última actualización do Servizo Galego de Saúde das seis da tarde de onte, 3.360 son da área da Coruña; 2.656, da de Lugo; 2.532, da de Ourense; 1.842, da área sanitaria de Pontevedra; 2.881, da de Vigo; 2.868, da de Santiago, e 1.349, da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos 18 están en UCI, 658 en unidades de hospitalización e 16.832 no domicilio.
Os últimos falecementos rexistrados en Galicia foron, o mércores 4 de maio, un varón de 85 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee; o xoves 5, dous homes, un de 79 anos na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, e outro de 72 años na área sanitaria de Vigo. As persoas falecidas tiñan patoloxías previas, segundo informou o Sergas. O número total de falecidos en Galicia desde que comezou a pandemia ascende a 3.369 persoas.