Os casos activos seguen aumentando e experimentan a maior suba rexistrada nun mes
Os casos activos seguen aumentando e experimentan a maior suba rexistrada nun mes
Galicia supera as 22.600 persoas con coronavirus
Os contaxios diarios seguen por riba dos 2.500
O Sergas notificou catro decesos por mor da covid–19
Os casos activos continúan aumentando (+1.393) e pasan dos 22.600, unha cifra da que non pasabamos desde o pasado 23 de febreiro, hai un mes. En total, hai 22.649 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios tamén soben con respecto a onte e rexístranse 2.557.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 4.772 (+298)
Vigo: 4.232 (+277)
Ourense: 2.543 (+114)
Santiago: 3.747 (+257)
Lugo: 2.726 (+173)
Pontevedra: 2.396 (+131)
Ferrol: 2.137 (+147)
En canto á ocupación hospitalaria, esta aumenta nas UCI (+5) pero mantense en planta. En total, hai 23 e 425 persoas ingresadas respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid–19, que alzan a cifra a 3.190 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos