Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os centros de crise para vítimas de violencia sexual achegan atención xurídica, psicolóxica e social

Os centros de crise para vítimas de violencia sexual achegan atención xurídica, psicolóxica e social

Hai un centro en Santiago, outro en Ferrol, en Vigo, en Lugo e en Ourense

As súas profesionais están operativas 24 horas os 365 días do ano

G24.gal 16/02/2025 14:49

Hai apenas un par de meses abrían en Galicia varios centros de crise para vítimas de violencia sexual. Hai un en Santiago, outro en Ferrol, en Vigo, en Lugo e en Ourense. O seu obxectivo é prestarlles unha atención xurídica, psicolóxica e social ás mulleres maiores de quince anos que viviran algún episodio de violencia sexual.

"Atendemos a todas as mulleres que sufriran un intento ou un episodio de violencia sexual con independencia de se teñen denuncia interposta ou non, con independencia da súa situación administrativa, tanto se é unha situación irregular ou non. Calquera acto de índole sexual que atente contra a liberdade ou a dignidade sexual, neste caso de todas as mulleres maiores de quince anos", di Inés R. Leira, coordinadora do centro de crise para vítimas de violencia sexual de Santiago.

Aténdense todos os casos de violencia sexual, exista unha denuncia ou non. Un grupo de profesionais atenden e asesoran as vítimas e mesmo a súa contorna. As mulleres poden solicitar a axuda por teléfono, presencialmente no centro, ou mesmo se son derivadas desde outras institucións, desde hospitais ou comisarías.

"Somos sete profesionais, ademais dunha auxiliar administrativa e asesora xurídica, temos tres psicólogas, dúas traballadoras sociais. Facemos acompañamentos no centro hospitalario, na comisaría, no xulgado", engade.

 Ademais de asesoralas e acompañalas, intentarán evitar a revictimización, en caso de iniciarse un proceso penal. Outros casos de violencia contra a muller, que non sexa de índole sexual, derivaranos a outras entidades como o Centro de Información á Muller.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade