Cargando resultados...
Os demócratas ratificarán a Biden como candidato antes de finais de xullo
Os demócratas ratificarán a Biden como candidato antes de finais de xullo
A decisión poría fin ao debate sobre a súa idoneidade para o cargo
Imaxe de arquivo
G24.gal
16/07/2024 19:46
O Partido Demócrata ten previsto ratificar de maneira virtual e antes de que acabe o mes de xullo o presidente estadounidense Joe Biden como candidato desa forza política para as eleccións de novembro.
Na práctica, esa decisión poñería fin ao debate interno das últimas semanas, no que algunhas voces pediran a Biden que puxese fin á súa campaña de reelección tras a súa actuación no debate do 27 de xuño fronte ao exmandatario Donald Trump.