Os docentes fórmanse para mellorar as condicións de benestar, seguridade e protección nas aulas
Os docentes fórmanse para mellorar as condicións de benestar, seguridade e protección nas aulas
Celébrase en Santiago II Congreso de Coordinadores de Benestar e Convivencia
Case un milleiro de docentes de toda Galicia reuníronse para mellorar a saúde emocional do seu alumnado
Coidar a saúde emocional, garantir a paz e dotar os docentes das estratexias e ferramentas necesarias para logralo é unha prioridade ante os retos e as ameazas da sociedade actual. É por iso que todos os centros educativos contan dende o curso pasado cunha nova figura, a dos coordinadores de benestar e convivencia.
"Que exista unha figura de referencia no centro para que un alumno, cando se atopa mal, saiba que pode contar contigo porque es unha persoa que non o vai xulgar, iso é importante" explica Javier García, coordinador de Benestar do IES de Cotobade.
"É fundamental que o noso alumnado desenvolva a súa traxectoria académica nun entorno de convivencia, nun entorno pacífico e nun entorno agradable", apunta Judith Fernández, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
Ansiedade, depresión, acoso. Son algunhas das ameazas que teñen que detectar e contra as que teñen que loitar a diario os case mil coordinadores de benestar e convivencia que hoxe asistiron e este congreso para mellorar a súa formación.
"Despois da covid-19, desa situación, observamos un aumento significativo do malestar emocional, especialmente mozas que se autolesionan para xestionar emocións aversivas", continúa o coordinador.
Un dos retos para os centros educativos é ensinar a xestionar as emocións e a resolver os conflitos para así mellorar o rendemento escolar, as taxas de abandono e tamén o clima de convivencia.
"O feito de que o alumnado adquira ferramentas para resolver adecuadamente eses conflitos e saiba convivir coa diversidade que existe na sociedade, pois iso é clave para poder despois desenvolver adecuadamente o seu proceso educativo", conclúe a directora xeral.