Os donos de castiñeiros únense en Parada de Sil para loitar contra o abandono

Conseguiron agrupar máis de 100 hectáreas de soutos pertencentes a 147 propietarios

G24.gal 14/11/2023 20:52 Última actualización 14/11/2023 21:26

O reducido tamaño das parcelas xunto co envellecemento da poboación e a falta de relevo xeracional complican o mantemento da actividade nos soutos de Parada de Sil. Para evitar o abandono dos castiñeiros, de grande importancia non só a nivel económico, senón tamén paisaxístico en plena Ribeira Sacra, os propietarios decidiron unirse.

Crearon primeiro unha asociación e agora queren rexistrase como Agrupación Forestal co obxectivo de acadar axudas que lles permitan pór en valor a produción de castaña na zona. A principal dificultade foi a identificación das parcelas e dos propietarios, 147 en total,  debido o minifundismo que existe.

Unha unión coa que pretenden facilitar a xestión conxunta de traballos como a limpeza, as podas ou o mantemento dos camiños de acceso aos soutos, moitos deles centenarios. Lembran que neste concello ourensán chegaron a recollerse máis de cen mil quilos de castañas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos