O encoro de Santo Estevo está case ao noventa e nove por cento da súa capacidade
O encoro de Santo Estevo está case ao noventa e nove por cento da súa capacidade
A subida da auga mergullou parcialmente as instalacións do embarcadoiro da Ponte do Sil
As actividades na zona non están afectadas polo aumento de caudal
Parte das instalacións do embarcadoiro da Ponte do Sil están mergulladas. Están cubertas por máis de tres metros de auga porque o encoro de Santo Estevo roza o 99 por cento da súa capacidade.
Houbo que idear unha solución a base de taboleiros para poder baixar do catamarán sen mollarse.
O encoro está case á súa altura máxima. É doado que se encha porque está situado á cola do sistema de centrais hidroeléctricas do río Sil. Ao pechar unha comporta o nivel sobe.
De todos os xeitos non impide que na zona, en plena Ribeira Sacra, se desenvolvan actividades como rutas en catamarán ou o alugueiro de caiacs.