Publicador de contidos
Publicador de contidos

A rotura dunha tubaxe deixa sen auga varias rúas do centro de Ribeira

A rotura dunha tubaxe deixa sen auga varias rúas do centro de Ribeira

A tubaxe rebentou a medianoite na rotonda do barrio das Avesadas

A avaría obrigou a baleirar toda a liña, que abastece varias rúas da zona

G24.gal 05/12/2024 14:16

Un gran río emerxía baixo dun edificio do barrio das Avesadas pasada a medianoite. O rebentón dunha tubaxe da traída, situada xusto debaixo, fixo que a auga saíra a presión rúa abaixo.

Os veciños que aínda non se deitaran non tardaron en notar que lles faltaba auga na casa.

Para arranxar a tubaxe houbo que baleirar toda a liña, que subministra varias rúas deste barrio do centro da vila. Pola mañá eran moitas as casas e negocios sen auga na billa.

Os operarios da empresa concesionaria traballan para reparar a avaría desde primeira hora da mañá. Está previsto que o problema se solucione nas próximas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos