Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os donos de leiras sen rozar pagarán os traballos de limpeza de Medio Rural e unha multa

Os donos de leiras sen rozar pagarán os traballos de limpeza de Medio Rural e unha multa

Os terros descoidados son un perigo preto das casas e favorecen a propagación dos incendios forestais 

G24.gal 16/08/2022 21:06

O último incendio forestal que sufriu o concello de Ponte Caldelas hai dez días arrasou máis de 150 hectáreas de terreo e chegou ao nivel dous de emerxencia ao poñer en perigo a poboación. Os terreos descoidados e sen limpar preto das poboacións son un perigo e favorecen a propagación do lume.

As aldeas de Anceu, Esfarrapada e Barbudo están consideradas de alto risco e os veciños están preocupados porque hai moitas leiras sen limpar ao pé das casas. 

Nestas tres aldeas, Medio Rural cos traballadores da empresa pública SEAGA están a delimitar franxas de seguridade arredor dos núcleos habitados e comezaron limpar de oficio as leiras sen rozar. Pero a factura vana pagar os propietarios que, a maiores, deberán aboar unha multa de mil euros por cada leira sen coidar. A veciñanza móstrase de acordo.

Non todos actúan coa mesma responsabilidade e seica algún se apresurou a rozar ao saber das multas.

Os técnicos tamén vixían a plantación de especies arbóreas inflamables como piñeiros, eucaliptos ou acacias preto das casas, que está prohibido por lei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade