O vento provoca a caída do tellado dun edificio en Ponte Caldelas
O vento provoca a caída do tellado dun edificio en Ponte Caldelas
O incidente non provocou danos persoais, pero causou estragos nun vehículo aparcado na rúa
O vento provocou o desprendemento de parte do tellado dun edificio de Ponte Caldelas que causou danos nun coche estacionado na vía pública.
Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o incidente tivo lugar ás 23:00 horas deste xoves na estrada PO-234 e non deixou persoas feridas.
A zona de Ponte Caldelas rexistrou durante a pasada noite refachos de vento de ata 80 quilómetros por hora. Unha delas levou por diante a cuberta metálica dun edificio, que se desprendeu e caeu sobre a vía pública.
Os veciños levaron un bo susto. Escoitaron un estrondo e din que no momentos dos feitos os refachos de vento eran moi fortes. Afortunadamente ninguén pasaba pola zona camiñando ou en coche cando se desprenderon as placas.
Os veciños explicaron que o tellado fora reparado hai pouco tempo. Algunhas placas caeron cara ao interior nunha leira lindeira, danando o tellado doutra vivenda.
O tráfico estivo interrompido ata que os servizos de emerxencia lograron retirar os ferros. Na zona estiveron a Garda Civil, servizo de mantemento de estradas e os bombeiros do Morrazo.