Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un refacho arrastra en Lugo tres postos de artesanía e tira un ornamento do adro da catedral

Un refacho arrastra en Lugo tres postos de artesanía e tira un ornamento do adro da catedral

Dende o bispado van analizar os danos antes de presentar un proxecto de restauración

Félix Aragunde 08/10/2024 13:41

Un dos elementos ornamentais do adro da catedral de Lugo rompeu debido á forza do vento. Cando estaban instalados catro postos da feira Cultura e Tradición no Camiño, tres voaron e o teito dun deles envolveu o ornamento de pedra, que foi arrastrado e partiu no chan.

Tanto a bóla de pedra como a súa base sufriron graves danos. Ademais destas pezas dun monumento que é Patrimonio da Humanidade, tamén se viron afectadas polo refacho as catro tendas de artesanía que se instalaran co permiso do bispado.

Teresa Astorgano, presidenta da asociación Traxandaina"Fixo un efecto globo. Levantou todo e foi en cadea ata tombalos. Unha das bólas do muro do adro xa estaba afectada, segundo dixeron da catedral. A lona tirouna e rompeu".

Cada un dos postos estaba suxeito cuns pesos que sumaban 120 quilos, o que non evitou que o aire os levase. Agora, a feira de artesanía está instalada no patio da oficina de turismo da Xunta, situada na praza do Campo.

Teresa Astorgano, presidenta da asociación Traxandaina: "Tiñamos que tomar decisións ante o vento previsto, porque aquí vai haber obradoiros de 20 ou 30 nenos. E se había dispoñible outra localización, mellor".

Hai anos, xa fora restaurado outro dos ornamentos do adro, que tiraran os vándalos. Agora, dende o bispado van analizar os danos antes de presentar un proxecto de restauración ante Patrimonio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade