Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os empresarios non irán á reunión para acordar unha suba do salario mínimo

Os empresarios non irán á reunión para acordar unha suba do salario mínimo

A patronal mantén que o salario mínimo debería de subir o 4 %, ata 1.040 euros brutos ao mes en 14 pagas

Antonio Garamendi, presidente da CEOE Antonio Garamendi, presidente da CEOE
G24.gal 30/01/2023 21:44 Última actualización 30/01/2023 21:57

A Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) anunciou esta noite que "non se dan as condicións" para que poida asistir á reunión convocada para este martes polo Ministerio de Traballo para tratar de pechar con patronal e sindicatos un acordo sobre a subida do salario mínimo interprofesional para 2023.

Nun comunicado, CEOE explica que xa trasladou ao Ministerio no mes de decembro a súa formulación respecto ao SMI sen que recibise unha resposta, polo que non acudirá á reunión e queda "á espera de recibir formalmente unha proposta do Goberno para poder analizala en profundidade" coas súas organizacións.

A patronal mantén que o salario mínimo debería de subir o 4 %, ata 1.040 euros brutos ao mes en 14 pagas, supeditado a establecer un réxime de deducións aplicables ao sector agrario e de modificar a normativa de revisión de prezos nos contratos co sector público para poder repercutir o incremento do SMI nos contratos en execución. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade