Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os encoros da conca do Miño-Sil están ao 86 por cento da súa ocupación

Os encoros da conca do Miño-Sil están ao 86 por cento da súa ocupación

Dezasete dos 31 encoros da conca Miño Sil están a máis do noventa por cento da súa capacidade

G24.gal 02/03/2024 21:30 Última actualización 02/03/2024 21:45

Neve, ríos cheos e tamén encoros case o límite da súa ocupación. Os pertencentes á Confederación hidrográfica do Miño Sil por exemplo superan xa de media o 86 por cento da súa capacidade. A última chuvia obrigou a abrir as comportas, nalgúns deles sorprendendo hoxe moitos dos viandantes.

O encoro de Velle, ao noventa por cento da súa capacidade, desauga 1.176 metros cúbicos por segundo. 

A apertura das comportas dálle forza ao Miño o seu paso pola cidade de Ourense, e a carón do encoro vai deixando nas últimas horas a súa pegada.

A uns quince quilómetros de Ourense atopámonos co encoro dos Peares. As súas comportas teñen unha altura de case cen metros. A auga ocupa o 98 por cento do seu volume. 

Dezasete dos 31 encoros da conca Miño Sil están a máis do noventa por cento da súa capacidade, coma este de San Pedro en Pantón. Tamén os de Chandrexa, Peñarrubia ou Frieira entre outros. E malia o moito que ten chovido, a súa imaxe segue a sorprender a quen se achega.

Tamén os encoros da conca Galicia Costa ofrecen datos similares con ese noventa por cento de ocupación, sete puntos por riba dos rexistrados o ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade