Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os EUA volven á Unesco en xullo, tras a retirada decidida por Trump en 2017

Os EUA volven á Unesco en xullo, tras a retirada decidida por Trump en 2017

Os Estados Unidos informaron da súa decisión de volver formar parte cun plan de financiamento concreto

G24.gal 12/06/2023 12:55

Os Estados Unidos anunciaron a súa intención de volver formar parte da Unesco en xullo, unha organización da que saíu en 2017 durante o mandato do anterior presidente, Donald Trump, que a acusaba en particular de adoptar posicións reiteradamente antiisraelís.

Nun comunicado, a Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) explicou que Estados Unidos informou da súa decisión de volver formar parte cun plan de financiamento concreto, que será sometido aos estados membro nunha sesión extraordinaria proximamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade