Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Feroz de cine premian a Luís Zahera e "As Bestas", rodada en galego

Os Feroz de cine premian a Luís Zahera e "As Bestas", rodada en galego

Pedro Almodóvar protagonizou o momento máis emotivo da gala cando recolleu o premio de honra

Luís Zahera recollendo o premio
G24.gal 29/01/2023 14:03 Última actualización 29/01/2023 15:00

Os premios Feroz de cine entregáronse na noite do sábado en Zaragoza con dúas vencedoras claras: As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen, e Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa. Cada unha acadou tres estatuíñas. 

As bestas, rodada no Bierzo e inspirada nun suceso real ocorrido nunha aldea de Ourense, levou o premio á mellor película. Tamén tivo recoñecemento nos apartados da mellor banda sonora orixinal e do mellor actor de reparto, que foi para o galego Luís Zahera.

O momento máis emotivo da gala protagonizouno o cineasta Pedro Almodóvar. Visiblemente conmovido, recolleu o premio de honra rodeado no escenario de varias das súas actrices. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade