Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos entran no treito decisivo da Primeira RFEF

Os galegos entran no treito decisivo da Primeira RFEF

A G2 ofrece os partidos dos tres equipos que loitan polo ascenso

G24.gal 08/04/2023 15:10

O Rácing é o que máis tempo leva sen perder do fútbol profesional. Dende o ultimo tropezo, o 7 de xaneiro, non parou de sumar. Agora vai buscar a quinta vitoria consecutiva para seguir rivalizando co líder. O camiño dos verdes pasará mañá por Mérida, un rival que respira tranquilo na zona media da táboa.

O Deportivo volve á casa, onde mellor se sente. Riazor é o campo que máis puntos gaña da categoría. Hoxe cun valor engadido, coa memoria posta naquel 20 de xullo de 2020 cando o gromo de covid no Fuenlabrada fixera aprazar o partido das últimas esperanzas coruñesas pola permanencia en Segunda. Unha categoría mais abaixo reencontraranse ás sete desta tarde. 

Perigo tamén para Óscar Cano, que chega moi cuestionado.

Tamén volve á casa o Celta B, onde fortaleceu os alicerces deste equipo que foi de menos a máis e que xa dá por cumprido o seu obxectivo coa permanencia. Mañá recibirán a Unionistas xa con todo un final de liga aberto a soñar.

Na loita pola supervivencia segue inmerso o Pontevedra, pero coas expectativas melloradas trala resurrección impulsada por Juan Señor. 3 vitorias en 5 partidos. Agora a 3 puntos da permanencia.

Tras derrotar ao Córdoba, o Pontevedra vólvese cruzar cun equipo da zona alta, esta vez o líder, o Alcorcón. Loita por tres puntos moi necesarios para obxectivos diferentes. Os granates deberán buscar reemprazo ás baixas na dianteira sen Rufo nin Charles.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade