Os galegos no Brasil viviron o asalto ás institucións con preocupación e temor
Os galegos no Brasil viviron o asalto ás institucións con preocupación e temor
No país hai case 50.000 residentes nacidos en Galicia ou descendentes de emigrantes
Insisten en que iso non representa a dereita, senón o extremismo
O Brasil é o segundo país do mundo con maior presenza de galegos, e desde o Centro Español de Santos na cidade de São Paulo contan a preocupación con que viviron estas últimas horas.
No Brasil hai case 50.000 residentes nacidos en Galicia ou descendentes, a maioría residen en São Paulo e Salvador de Baía, a uns mil quilómetros de Brasilia. Pero ollan á capital con preocupación e temor, como nos conta Amanda Barrio, do Centro Español de Santos en São Paulo.
Amanda é tamén secretaria do Consello de residentes españois de São Paulo, Paraná e Mato Grosso do Sul, e explica que dende as eleccións o clima se volveu moi tenso e a xente máis intolerante.
Insisten en que iso non representa tampouco a dereita, senón o extremismo, mentres agardan que se poña orde nun país que sempre, din, foi pacífico e democrático.