Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os indicadores da covid–19, con marcadas diferenzas por comunidades autónomas

Os indicadores da covid–19, con marcadas diferenzas por comunidades autónomas

Mentres o País Vasco e Navarra presentan incidencias superiores a 300, outras catro comunidades non chegan a 100

G24.gal 24/11/2021 19:04

O Ministerio de Sanidade rexistrou este martes 8.427 novos casos de coronavirus, dos que 5.219 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 6.667 o mesmo día da semana pasada. Iso eleva a 5.103.315 a cifra total de persoas contaxiadas de covid–19 desde o inicio da pandemia.  

Respecto da incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que segue aumentando; sitúase nos 148,84 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 139,1 notificados o martes polo departamento dirixido por Carolina Darias.  

En canto aos falecidos por covid–19, notificáronse 38. Na última semana rexistráronse 94. Isto fai que a cifra global de falecementos por coronavirus en España se eleve ás 87.904 persoas.  

Actualmente, hai 3.172 pacientes ingresados por covid–19 en toda España e 562 en UCI. Nas últimas 24 horas producíronse 512 ingresos e 337 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 2,56 por cento e nas UCI no 6,13 por cento.  

Mentres tanto, a taxa de positividade sitúase no 5,57 por cento. A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que este dato se atope por baixo do 5 por cento para considerar como controlada a propagación do virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade