Os informáticos advirten de que "hai moitos programas parecidos ao Pegasus e deberiamos tomar conciencia"
Os informáticos advirten de que "hai moitos programas parecidos ao Pegasus e deberiamos tomar conciencia"
Os informáticos advirten de que "hai moitos programas parecidos ao Pegasus e deberiamos tomar conciencia"
O Colexio de enxeñaría informática de Galicia recomenda ser precavidos á hora de descargar apps
Reclama que os poderes públicos tamén tomen medidas
O Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia afirma que hai moitos programas semellantes ao Pegasus, aínda que menos avanzados, para acceder ilegalmente a información que gardamos no móbil.
Por iso, recomenda ser precavidos á hora de descargar apps e reclama que os poderes públicos tamén tomen medidas.
Dicíao, no Galicia por diante, o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, Fernando Suárez.
"Son moito menos avanzados que este Pegasus. Están á venda en Internet ou na deep web e practicamente calquera usuario podería chegar a usalos, por exemplo para facer extorsións de ex-parellas, de empregados, etc".
"Isto é un problema social, un problema de que temos que tomar conciencia e en que tamén as autoridades deberían actuar".
"O Pegasus é un software moi avanzado. Pensemos que está feito especificamente para este cometido. Enmascárase no propio sistema operativo do teléfono móbil, non temos que facer ningún tipo de acción, non aparece ningunha icona coma noutras aplicacións que instalamos de xeito voluntario. O único que podemos detectar é un rendemento un pouquiño inferior no noso dispositivo pero que moitas veces achacamos a calquera outra función e polo tanto é indetectable. Actualízase de xeito automático e incluso se pode eliminar en remoto, sen acción por parte do usuario. Queda sen pode rastrearse que este teléfono estivo infectado".
"O único control que hai é confiar en que esa empresa que vende o Pegasus só llelo vende a eses gobernos, a gobernos cun obxectivo lícito, como sería a persecución da delincuencia, do terrorismo, do crime organizado. Pero non temos ningún tipo de seguridade de que outras entidades o usasen, ou gobernos autoritario e ditatoriais, ou para espiar calquera tipo de cidadán: xornalistas, profesionais, etc".