Os líderes da UE acordan pedir "pausas e corredores humanitarios" en Gaza

Ademais, os xefes de Estado e de Goberno dos vinte e sete apoian a celebración dunha conferencia de paz "pronto"

G24.gal 26/10/2023 22:29

Os xefes de Estado e de Goberno dos Vinte e sete acordaron este xoves pedir "pausas e corredores humanitarios" a Israel e Hamas para permitir a entrega de axuda humanitaria á Franxa de Gaza. Piden "acceso humanitario continuado, rápido, seguro, e sen trabas, e axuda para chegar a aqueles que o necesitan por todos os medios necesarios, incluíndo corredores e pausas para necesidades humanitarias".

Ademais, os líderes europeos apoian a celebración dunha conferencia de paz "pronto", unha cuestión que xa solicitara esta fin de semana no Cairo Pedro Sánchez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade