Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os líderes da UE debaten o envío de máis axuda militar a Ucraína

Os líderes da UE debaten o envío de máis axuda militar a Ucraína

Arranca en Bruxelas o cumio de líderes europeos en que analizarán a situación en Ucraína e Gaza

G24.gal 21/03/2024 14:56

Despois de mes e medio, Rusia retomou os bombardeos sobre Kíiv e ameaza cunha escalada na primavera. E ante este panorama, o exército ucraíno está quedando sen munición.

Coa axuda dos Estados Unidos bloqueada polo seu Congreso, todas as olladas están postas no cumio de líderes europeos.

Buscan fórmulas para rearmar Ucraína. Unha das propostas que hai na mesa é usar os beneficios dos activos rusos conxelados para mercar armas. Moscova xa ameazou con represalias se isto pasa.

O presidente español cre que "hai un cuestionamento da seguridade europea por unha terceira forza, o réxime de Putin". Ante isto, Pedro Sánchez propón impulsar a industria de defensa con fondos nacionais e europeos. "Necesitamos aumentar a nosa capacidade de disuasión, a nosa seguridade e a nosa defensa, para que non haxa tentacións por parte de réximes como o de Putin", asegurou á súa chegada a Bruxelas.

España vai manter todo o apoio que xa presta a Ucraína e ás misións da OTAN. A ministra de Defensa anunciou que o noso país vai asumir o liderado do grupo de combate en Eslovaquia. Segundo Margarita Robles, "Putin, que pensou que nunha semana ía dobregar a Ucraína, non so non o conseguiu senón que fixo que os países da UE e da OTAN esteamos unidos".

En Bruxelas tamén está o líder da oposición. Alberto Núñez Feijóo ceou onte á noite coa presidenta da Comisión e abordaron, entre outros asuntos, "a necesidade de intensificar a resistencia en Ucraína".

Os líderes dos 27 tamén agardan chegar a acordo para reclamar un alto o fogo en Gaza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade