Líderes mundiais comezan chegar a Londres para asistir aos funerais de Isabel II
Líderes mundiais comezan chegar a Londres para asistir aos funerais de Isabel II
Os reis de España, Filipe e Letizia, visitarán o domingo a capela ardente
Os oito netos, encabezados polo príncipe de Gales, velaron o cadaleito
En Londres continúan as ringleiras de persoas que queren acceder á capela ardente de Isabel II.
Os oito netos da Isabel II, encabezados polo príncipe de Gales e o seu irmán Henrique, velaron este sábado os restos mortais da raíña. Permaneceron en silencio durante 15 minutos antes de abandonar a capela ardente, mentres continuaba o desfile de miles e miles de persoas,
que agardan ata 14 e 20 horas para ver o cadaleito.
Aínda que non estaba previsto, o rei Carlos III e o seu fillo Guillerme achegáronse a saudalos e agradecerlles a paciencia coa que soportan as quilométricas ringleiras.
Para Richard foi unha experiencia incrible coñecer o Rei . Edward conta que non o esperaba, que está na cola desde a unha da mañá e que foi fantástico.
O Rei e o principe de Gales tamén quixeron agradecer a atención que reciben estas persoas por parte de policías, bombeiros e persoal sanitario. Calculan que só na noite do venres ao sábado os servizos sanitarios atenderon 275 persoas. 39 acabaron no hospital.
Mentres continúan os preparativos para o funeral do luns. O xefe da Policía de Londres asegura que haberá máis de 10.000 axentes despregados nunha operación masiva.
E o alcalde explica que non hai precedentes e que cidade nunca verá tanta xente.
Algúns dos líderes mundiais que asistirán ao funerais comezan a chegar a Londres. Os reis de España farano este domingo nun avión da forza aérea. Visitarán a capela ardente e ás seis da tarde participarán na recepción que Carlos III ofrecerá a todos os convidados á cerimonia, momento en que coincidirán cos reis eméritos.