Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Mallos celebran esta fin de semana as súas festas solidarias

Os Mallos celebran esta fin de semana as súas festas solidarias

Voluntarias do barrio organizan por terceiro ano consecutivo unhas festas para axudar os máis necesitados

165 pequenos empresarios implicáronse doando premios para os gañadores dun xogo

G24.gal 28/06/2024 14:24

"Queremos poñer en valor o barrio. Que non falen de nós só polo problema que temos". "Queremos que a xente vexa que poden vir ao barrio, que somos un barrio normal. E amais, para nós é marabilloso poder colaborar coa xente que máis o necesita", explican membros da organización das festas.

Con esta filosofía arrancan esta noite, e ata o domingo, as festas do barrio dos Mallos. Un barrio onde queren que destaque a súa solidariedade.

"Este ano implicáronse todos: veciños, comerciantes, hostaleiros... Foron moitas horas de moito traballo, pero estamos felices".

Participáronse case todos os pequenos empresarios para poder levar a cabo un xogo divertido... e, como non, solidario.

"165 comercios e locais de hostalería doaron vales con obxectos ou comidas que gañarán os agraciados. Hai que dicir que só tres non quixeron participar". "O xogo vai ser moi divertido: por un quilo de comida, danlle un cartón de bingo". 

Pero isto non é todo...

"Estamos tres días de festas e imos facer tres recollidas de alimentos. Todo o recadado imos doalo á Cociña Económica e ao Banco de Alimentos". "O ano pasado conseguimos 1.400 quilos. Agardamos que nesta edición cheguemos ás dúas toneladas".

É o terceiro ano que celebran estas festas, e non vai ser o último. Nos Mallos queren ser recoñecidos pola súa solidariedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade