Os ministros de Economía da UE ultiman as novas regras de déficit

España presenta unha proposta "de equilibrio" e di que a noite "vai ser longa"

Combinar o control das contas coa marxe para investimento produtivo, a clave

G24.gal 07/12/2023 20:30 Última actualización 07/12/2023 20:40

Cea contra o reloxo en Bruxelas para pactar as novas regras fiscais da Unión tras estaren suspendidas pola pandemia.

Como presidenta de quenda, España levou unha proposta que pretende manter os anteriores límites de déficit no 3 % e fixar axustes automáticos de gasto nas economías máis endebedadas. 

A proposta non gusta a moitos dos socios, pero España apóiaa agora en pro do consenso.

"Lin nas últimas horas declaracións que din que a proposta da presidencia é demasiado branda, outras declaracións que din que é demasiado dura, o cal confírmame que probablemente a proposta da presidencia española atopou o bo equilibrio", dixo Nadia Calviño.

A ministra de Economía advertiulles aos ministros que "a noite vai ser longa e o noso obxectivo é que haxa un acordo político nesta reunión".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade