"Sería bo que houbese escolas para pais e nais"

Nenos e adolescentes de Redondela, protagonistas dun pleno co gallo do Día Internacional do Neno

G24.gal 21/11/2023 13:58 Última actualización 21/11/2023 14:07

Co gallo do Día Internacional do Neno que se conmemorou onte, no concello de Redondela celebrouse un pleno especial onde nenos e adolescentes foron os protagonistas. Ergueron a voz para expresar as súas inquedanzas e propostas para mellorar o municipio cara á nenez e adolescencia e para as familias. 

Redondela é "Cidade amiga da infancia" desde 2018, un distintivo promovido por Unicef por ter aos nenos e adolescentes presentes no deseño das súas políticas.

Durante todo o ano, un grupo de traballo integrado por nenos e adolescentes de 12 centros educativos da vila manteñen contacto coas autoridades locais para facerlles chegar as súas inquedanzas e propostas para mellorar os temas que lles afectan. E hoxe presentáronas nun pleno protagonizado por eles.

A iniciativa non queda nunha simple performance. De feito, o Goberno de Redondela creou recentemente a Concellería da Infancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade