Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os orzamentos, instrumento politico, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Os orzamentos, instrumento politico, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 05/09/2024 08:32

O presidente Sánchez necesita espazos que lle permitan deixar a postura defensiva e pasar ao contraataque. O discurso de onte define moi ben as súas estratexias, como quere actuar e sobre que segmentos políticos quere actuar. 

En primeiro lugar, quere neutralizar os ataques que recibe polo financiamento especial de Cataluña e para iso fala de redefinir o Fondo de Compensación Interterritorial, o cal quere duplicar o seu tamaño económico. A mensaxe esencial é que ningunha autonomía vai recibir menos cartos que no pasado. Esta idea que parece moi atractiva tampouco é difícil de cumprir, as transferencias ao Estado fanse coa recadación de hai dous anos. Existe unha decalaxe, e o goberno, a raíz do proceso inflacionista, recadou todos os anos moito máis do previsto. Mata, deste modo, o discurso de Cataluña faranos máis pobres, o que non di é que quizais sexamos máis ricos pero tamén máis diferentes. España entra na etapa das desigualdades territoriais, todos estaremos mellor, pero uns mellor que outros.

Unha vez pacificados os territorios, e cortada a sangría que pode producirlle o debate catalán, ten que buscar votos. E parece evidente que querer captar no caladoiro que está situado á súa esquerda, os nichos de Sumar e Podemos, ambos en declive evidente. Para estes xogará cunha retórica agresiva, moi centrada no imposto de patrimonio, unha riqueza, que, por certo, xa pagou impostos. Nin un só euro dun patrimonio chegou a ese peto sen aboar impostos, agora por aforrar e non dilapidalo ten que volver pagar. É o malo que ten ter!

A súa última estratexia manifestada é buscar no voto da xente máis voluble á hora de votar, os mozos. Por iso, será moi agresivo e apostará por un plan nacional de vivendas que xere ilusión a un colectivo que está desesperado por encontrar un espazo onde construír vivendas. Seguramente o presidente Sánchez é consciente de que un apoderamento legal dos propietarios incrementaría substancialmente a oferta dispoñible de vivenda en alugueiro. Pero isto, que é o máis sensato, arredaríao dos votantes de Sumar e Podemos.

Estamos, polo tanto, ante un instrumento, os orzamentos, que, agora máis que nunca, vai ter un nesgo político.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade