Os Países Baixos pasan a cuartos cun cómodo triunfo sobre os Estados Unidos
Os Países Baixos pasan a cuartos cun cómodo triunfo sobre os Estados Unidos
A selección estadounidense meteuse no partido cun gol de Wright, pero axiña sentenciou Dumfries
Os Países Baixos presentaron a súa candidatura ao Mundial cun triunfo sobre os Estados Unidos, que viron cortada a súa progresión no campionato. Era un encontro desigual, coa orange como clara favorita, e Memphis Depay foi o encargado de deixalo patente cando so ían disputados dez minutos de xogo.
Aínda antes do descanso, Blind ampliaba diferenzas cun remate desde o corazón da área, que convertía a misión dos americanos en pouco menos quie imposible. Pero os Estados Unidos non se deron por vencidos, e metéronse no partido a un cuarto de hora para o remate, cun espectacular e inverosímil remate de Wright que se colou pola escuadra.
Nos seguintes minutos o xogo foi de ida e volta, cunha selección americana que se foi convencendo de que podía remontar. Pero os seus intentos non tiveron éxito e, no minuto 81, Dumfries si que atinou coa portería aproveitando un erro nas marcaxes.
Os últimos minutos do partido seguiron tendo alternativas, pero a vitoria dos neerlandeses xa non perigou. Os Países Baixos son a primeira selección clasificada para os cuartos de final, mentres os norteamericanos se despiden cun papel digno.