Os países europeos comezan a tomar medidas ante o posible corte de gas ruso
Os países europeos comezan a tomar medidas ante o posible corte de gas ruso
Ante a posibilidade de que se corte a subministración de gas ruso, os países comezan a tomar medidas. Onte chegouse a un acordo en Bruxelas para reducir o consumo de gas de cara ao inverno, pero algúns países xa están tomando medidas.
Alemaña aprobou dous paquetes pola seguridade enerxética: revisión obrigatoria caldeira gas e reapertura centrais de carbón. Agora negocian desbloquear límite velocidade nas autoestradas e alongar a vida das nucleares.
Francia quere reducir 10 % consumo enerxético en dous anos: regular aire acondicionado e calefacción, apagar luces innecesarias e desconectar aparellos electrónicos.
Italia depende menos do gas ruso polo acordo asinado con Alxeria para a subministración de gas, pero ten plan de continxencia que contempla redución de horarios e temperatura da calefacción. Tamén redución do 40 % da iluminación pública.