Cargando resultados...
Os podólogos advirten de que é necesario prestar maior atención aos pés dos cativos
Aseguran que facer un estudo da pisada a partir aos tres anos evita lesións e doenzas en idade adulta
Uns trinta profesionais participan nunha xornada formativa organizada polo Colexio Oficial de Podólogos de Galicia
G24.gal
18/01/2025 21:53
Unha artrose de xeonllo en idade adulta puido ter a súa orixe nunha nun pé plano non corrixido durante a infancia, segundo os expertos.
Segundo os podólogos a prevención de problemas da saúde na infancia debera incluír sempre un estudo da pisada do neno.
Uns 30 profesionais profundaron nas principais alteracións do crecemento na área do pé, durante a xornada formativa organizada polo Colexio Oficial de Podólogos de Galicia.