O PP fala dun Goberno cercado pola corrupción, pero o PSOE di que a lexislatura será longa
O PP fala dun Goberno cercado pola corrupción, pero o PSOE di que a lexislatura será longa
O PP insta ao Goberno a pedir perdón ao xuíz Peinado
Os socialistas lembran que actúan con contundencia contra a corrupción
Yolanda Díaz reta o PP a que presente unha moción de censura
Tarde de sesión de control ao Goberno no Senado. A Cámara, con maioría popular, centrou as súas preguntas nos “escándalos”, din, que están a rodear o Executivo.
Os populares preguntáronlle ademais a Yolanda Diaz se lle merece a pena seguir nun goberno agónico. A vicepresidenta segunda respondeu retando o PP a presentar unha moción de censura, pero tamén criticou aos implicados no caso Koldo.
Na sesión de control deste martes houbo tamén unha iniciativa do PP dirixida a Félix Bolaños. Ao ministro de Xustiza, os populares preguntáronlle a que espera para pedir perdon ao xuíz Peinado, logo de que foran desestimadas varias querelas dirixidas contra el en relación coa súa investigación á muller do presidente do Goberno Begoña Gómez.
Bolaños reiterou o respecto aos xuíces. A voceira do PP cualificou de non usual que a muller do presidente estea imputada e o presidente no dimita.