Os primeiros españois xa están saíndo de Gaza

O primeiro grupo en saír está formado por case 40 persoas, 20 son menores

"Todo apunta a que a evacuación poida producirse no día de hoxe", Albares

Paso de Rafah
G24.gal 13/11/2023 10:51

Segundo confirma o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, os primeiros españois xa están saíndo de Gaza para ser evacuados a Exipto. Espérase que o proceso de evacuación remate o día de hoxe xa que "todo vai ben". Trataríase dun grupo de 40 persoas, a metade deles minores, segundo informan fontes diplomáticas. 

"A última información é que os primeiros hispanopalestinos xa cruzaron o punto de control palestino e están xa no punto de control de Exipto, para entrar en Exipto", sinalou o titular de Exteriores na chegada a reunión cos seus homólogos europeos.

Unha vez chegue o grupo a Exipto, débese esperar a que poida trasladarse e España por avións do Ministerio de Defensa. Segundo os cálculos gobernamentais, hai entre 140 e 170 españois que poderían fuxir de Gaza polo paso de Rafah (conexión do enclave palestino con Exipto)

Ata hoxe, solo conseguiran abandonar a rexión un español traballador de Médicos Sen Fronteiras e outro da ONU. O paso foi aberto o pasado 1 de novembro polo goberno isralí.

Reclámase un cesamento do fogo

Albares insiste en que a UE debe pedir un alto ao lume na Franxa, pois considérao necesario para que poida entrar a axuda humanitaria. Nesta reunión co resto de dirixentes europeos sobre Asuntos Exteriores, levará a cabo a proposta de celebrar unha conferencia de paz para abordar unha saída ao conflicto. "Europa ten que mobilizarse para que exista un Estado palestino viable, que implique Cisxordania, Gaza e un corredoiro que as conecte", recalcou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade