Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os problemas extradeportivos despistan o Breogán, que perde en Manresa

Os problemas extradeportivos despistan o Breogán, que perde en Manresa

G24.gal 14/11/2021 21:44

Sen Bell Haynes, que quedou en Lugo infectado con coronavirus. Con Larsen, con síntomas a noite previa ao partido e horas despois confirmado o seu positivo. E con todo o equipo sen poder facer a rutina de adestramento e comidas previas a un partido, obrigados a realizar PCRs nun laboratorio ata última hora da mañá. 

Con todas as incertezas, o Breogán non saíu á pista na mellor das condicións e iso notouse no partido. Desde o primeiro cuarto (24-15), o dominio de Manresa foi total. Ao descanso, o parcial era de 46-31, e nese momento o partido quedou sentenciado. 

Mahalbasic (17 puntos) e Kalinoski (16) foron os que se salvaron dentro dunha actuación gris dos breoganistas, que agardan recuperar efectivos para as vindeiras xornadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade