Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os profesores avalían o impacto do novo CHAT GPT no sistema educativo

Os profesores avalían o impacto do novo CHAT GPT no sistema educativo

É unha ferramenta de intelixencia artificial, cun alto nivel de perfeccionamento no procesamento da linguaxe

Funciona como un chat onde solicitar información ou a realización de traballos

G24.gal 11/01/2023 14:56

2023 comeza cun novo desafío para o sistema educativo. É o chat GPT, unha interface de intelixencia artificial que, segundo algúns, podería supoñer un cambio tan disruptivo como foi Google no seu momento.

Moitos profesores temen que os alumnos aproveiten esta ferramenta para que sexa a intelixencia artificial a que faga o seu traballo.

Pedímoslle que faga por nós a redacción desta noticia, e dinos que non pode: pero hai moi poucas cousas que teñan un non por resposta neste chat.

"Pedínlle que analizara un poema de Rosalía de Castro e fíxoo moi ben. E despois pedínlle que fixese un poema parecido e fíxomo moi ben tamén, sobre a mesma temática", explica Sabela Sobrino, profesora de informática no Instituto de Secundaria San Clemente de Santiago.
 

CHAT GPT responde preguntas de química, resolve dúbidas xurídicas, fai problemas matemáticos e ata programación informática. Os máis novos coñéceno case desde o seu nacemento, e os que saben máis de informática, coma os alumnos de San Clemente, tomaron como un desafío buscarlle as cóxegas.

"O que eles querían era romper a plataforma: conseguir que o chat lles dixese algo politicamente incorrecto ou erróneo, e moitos conseguírono", explica a profesora Sabela Sobrino.
 

Parece que responde como unha persoa o chat comete erros. Supera os asistentes de conversa actuais en comprensión da linguaxe, elabora e redacta respostas cun grao de complexidade ata agora non visto, pero ten eivas. E está autolimitado porque non está en Internet. Pensan algúns que está moi verde aínda para contextos docentes.

 "Esta ferramenta emula e automatiza habilidades cognitivas e socioemocionais, como a comunicación e a organización de ideas que son fundamentais na maduración dun alumno en etapa escolar", di Carmen Fernández Morante, experta en introdución das TIC nos procesos educativos. 


Tampouco ofrece garantía de veracidade nin de solvencia das fontes, algo que é imprescindible aprender a distinguir. O propio chat advirte de que a creatividade e a empatía humanas son formas de coñecemento dificilmente reemprazables de xeito artificial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar