Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pubs e discotecas comezan a validar o pasaporte covid coa aplicación da Xunta

Pubs e discotecas comezan a validar o pasaporte covid coa aplicación da Xunta

Debe utilizarse a aplicación Passcovid creada consellería de Sanidade

G24.gal 04/12/2021 21:15

Presentar o pasaporte covid é obrigatorio na hostalaría e nos hospitais. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia corroborou este venres a prórroga da medida ata, polo menos, o 18 de decembro. Ademais, autorizou que só se poida validar nos locais de ocio nocturno co sistema operado pola Xunta.

Os pubs e as discotecas teñen que validar a lectura do código QR que aparece en cada certificado de vacinación coa aplicación Passcovid creada pola consellería de Sanidade.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera positivo que se estableza un sistema único de verificación porque lle dá seguridade xurídica e certeza ao persoal encargado de confirmar o documento. Ademais, evita suspicacias por parte da clientela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade