Publicador de contidos
Publicador de contidos

España celebra un 12-O marcado pola crise na xustiza

España celebra un 12-O marcado pola crise na xustiza

O presidente do Goberno chega uns minutos tarde e volve ser recibido con apupos e insultos ao grito de "dimisión"

Carlos Lesmes, como xa advertira, non asistiu ao desfile

A ministra de Defensa agradece o labor das tropas en misións internacionais

Os reis saudan as autoridades no desfile da festa nacional
G24.gal 12/10/2022 08:49 Última actualización 12/10/2022 14:37

Un día de gala coma os de antes. A normalidade chegou esta mañá tamén ao desfile da festa nacional. Non houbo limitacións de capacidade nin máscaras, pero si anécdotas. 

Pedro Sánchez fixo agardar os reis, en contra do que marca o protocolo. Os escoltas tiveron que pedirlles que non baixasen ata que chegara o xefe do executivo.

O presidente do Goberno, un ano máis, foi recibido con apupos, insultos e gritos de "dimisión", tanto na chegada como cando marchou.

Arroupando os Reis estivo a infanta Sofía. Non veu a princesa Leonor, que regresará de Gales para a entrega dos premios que levan o seu nome. 

O acto, unha vez máis, serviu para reunir a todas as autoridades do Estado, coas xa tradicionais ausencias do presidente catalán e o lehendakari. 

Estivo o Goberno en pleno, excepto os ministros que tiñan compromisos de axenda ou impedimentos persoais. Ministros socialistas e de Podemos os que vimos compartindo coa oposición, que hoxe tamén estreaba líder, Alberto Núñez Feijóo. Falaron sobre todo dun asunto, a crise na xustiza. 

O Poder Xudicial vive unha situación inédita. Búscase un presidente tras a renuncia de Carlos Lesmes. A ministra de Defensa urxe unha solución.

Despois do desfile, os Reis trasladáronse ao Palacio Real para a tradicional recepción ás autoridades e a representantes do mundo político, económico, social e cultural. Esta recepción tamén recuperou a normalidade con moitos máis invitados, 2.500, despois de dous anos modificada pola pandemia.

O desfile do 12 de outubro recupera a magnitude previa á pandemia

Milleiros de cidadáns madrugaron este 12 de outubro para presenciar o maior desfile militar dende antes da pandemia.

Os actos comezaron coa chegada dos Reis xunto coa Infanta Sofía. A princesa Leonor volveu ausentarse como o ano pasado, polos seus estudos en Gales. Despois de recibir os honores militares, Filipe VI pasou revista ás tropas e saudou ás autoridades.

O desfile comezou co tradicional salto paracaidista cunha bandeira de España, que aterrou xusto diante da Tribuna onde estaban os Reis.  Polas súas grandes dimensións, 54 metros cadrados, esa bandeira substituíse por outra para o seu izado. 

Despois, chegou un dos momentos máis emotivos, a homenaxe aos caídos por España, que rematou xusto no momento en que a  patrulla acrobática Aguia formou a bandeira española con fume no aire de Madrid.

A partir de aí comezaba o desfile aéreo, un dos mais agardados e espectaculares, no que participaron 58 avións e 26 helicópteros.  

Seguiu o desfile terrestre, durante case unha hora, con máis de 4.000 militares, o dobre que no desfile anterior, volvendo a destacar unidades como a lexión, con música propia e a tradicional mascota.

Tamén desfilaron uns 150 vehículos, entre eles os da UME, a Garda Civil ou Protección Civil e pecharon as unidades a cabalo, máis de 200. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade