Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os territorios ocupados por Rusia en Ucraína votan a favor da anexión cun 98 % de apoio

Os territorios ocupados por Rusia en Ucraína votan a favor da anexión cun 98 % de apoio

Ucraína considera que estes referendos foron unha parodia sen valor legal

As potencias occidentais xa adiantaron que non recoñecerían os resultados e ameaza con máis sancións a Putin

G24.gal 27/09/2022 19:20 Última actualización 27/09/2022 20:18

Máis do 98 % dos participantes nos referendos convocados nos territorios controlados por Rusia no leste e sur de Ucraína votou a favor da anexión. O resultado é condenado por Kíiv, pero o presidente ruso Vladimir Putin podería formalizalo nos próximos días.

"Os resultados do referendo son evidentes. A súa lexitimidade non esperta ningunha dúbida. Millóns de habitantes do Donbás e dos territorios ocupados fixeron a súa elección", asegurou hoxe Andrei Turchak, o secretario xeral do partido do Kremlin, Rusia Unida.

A votación, que se estendeu durante cinco días por motivos de seguridade, transcorreu sen cesamento do fogo polo medio.

Ucraína, que considera que a "parodia" electoral nas rexións orientais de Donetsk e Lugansk e as meridionais de Khersón e Zaporijia non ten ningún valor xurídico, advertiu de que aqueles cidadáns que participen na organización dos referendos serán acusados de traizón.

As potencias occidentais xa adiantaron que non recoñecerán os resultados e ameazaron o Kremlin cunha nova quenda de sancións.

Os separatistas destacaron que a participación electoral superou todas as expectativas, aínda que Kíiv denunciou a coacción aos habitantes da rexión, a manipulación do censo e a persecución dos leais ao Goberno central.

Os rusos poderían anexionar os territorios o vindeiro 4 de outubro

Nada máis terminar a votación, os líderes separatistas mostráronse dispostos a viaxar hoxe mesmo a Moscova para reunirse con Putin e iniciar o proceso legal de "incorporación".

O Ministerio de Defensa do Reino Unido informou hoxe de que Putin podería consumar a anexión este venres, pero a presidenta do Senado, Valentina Matviyenko, deu entender que Moscova non ten tanta présa.

"Considero que entre mañá e pasadomañá, nos próximos días, estarán listos os resultados dos referendos. Nós estamos listos, por agora non vexo necesidade de celebrar reunións extraordinarias. A reunión planificada é o 4 de outubro", declarou.

O ministro de Exteriores ucraíno, Dmytro Kuleba, asegurou que os referendos separatistas "non terán ningunha influencia" nos obxectivos militares de Kíiv, que proseguirá a súa campaña de desocupación do territorio nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade