Os tests de antíxenos volven ser gratuítos en Portugal para atallar a quinta vaga
Os tests de antíxenos volven ser gratuítos en Portugal para atallar a quinta vaga
Cada cidadán terá catro tests gratuítos ao mes
O día 19 o comité clínico decidirá máis medidas
O Goberno luso publicou hoxe a resolución que volve a poñer a disposición dos cidadáns probas diagnósticas gratuítas da covid-19. Tomas esta decisión despois de que os datos confirmaran que o país entrou nunha quinta vaga de contaxios.
Dende o executivo recoñecen que o ano pasado abriron a man e as semanas despois de Nadal foron unha catástrofe sanitaria sen precedentes na historia moderna de Portugal.
Para atallar a pandemia a detección é clave, por iso dende mañá en farmacias e laboratorios asociados cada cidadán terá 4 tests de antíxenos gratis por mes.
Por outro lado, nos supermercados portugueses estas probas para facer na casa custan unha media de 1,5 euros. Mañá reúnense para tomar máis medidas e todo apunta a que a máscara en interiores volverá a ser obrigatoria en todo o país.