Os traballadores de Vitrasa anuncian folga e paros parciais nos buses urbanos de Vigo
Os traballadores de Vitrasa anuncian folga e paros parciais nos buses urbanos de Vigo
Os paros parciais están previstos para este martes, 27 de xuño, de 12:30 a 15:30 horas, e para o 7 de xullo de 19:45 a 21:15 horas
As dúas xornadas de folga serán os próximos 30 de xuño e 5 de xullo
O Comité de Empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de autobús urbano de Vigo, convocou outras dúas xornadas de folga e novos paros parciais ante o que consideran unha oferta “ridícula” da empresa para desbloquear a negociación do convenio colectivo, caducado desde 2020.
As dúas xornadas de folga serán os próximos 30 de xuño e 5 de xullo, e en ambos os casos estarán acompañadas de mobilizacións.
O 30 de xuño, ás oito da mañá, comezará unha manifestación na Praza de América que percorrerá a Gran Vía ata a rúa Venezuela para acabar nunha concentración fronte ao Concello.
O 5 de xullo, a manifestación comezará ás 19:30 da tarde en Samil e tras percorrer a Avenida Europa e a Avenida Castelao acabará na rotonda do barco de Coia.
Os paros parciais están previstos para este martes, 27 de xuño, de 12:30 a 15:30 horas, e para o 7 de xullo de 19:45 a 21:15 horas.
O comité cre que a última oferta da empresa é “ridícula” e deduce que “non ten en absoluto intención de chegar a ningún tipo de acordo”, polo que aseguran que os traballadores se ven obrigados a continuar reclamando unha actualización salarial e as melloras necesarias para desenvolver “en condicións” o seu traballo.