Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores que queiran xubilarse en 2024 co 100 % da pensión terán que ter 66 anos e medio

Os traballadores que queiran xubilarse en 2024 co 100 % da pensión terán que ter 66 anos e medio

Son dous meses máis do que era preciso en 2023

G24.gal 01/01/2024 20:00

Os españois que queiran xubilarse a partir deste luns, 1 de xaneiro, co 100 % da pensión terán que ter polo menos 66 anos e seis meses cumpridos, en virtude da reforma de pensións de 2013, na que se elevaba progresivamente a idade de xubilación desde os 65 aos 67 anos nun horizonte total de 15 anos.

Estes 66 anos e seis meses será a idade que se esixa para quen acredite menos de 38 de cotización (en 2023 esíxense 66 anos e catro cumpridos para poder xubilarse con menos de 37 anos e nove meses cotizados). Se se superan os 38 anos cotizados, os traballadores que queiran xubilarse desde o 1 de xaneiro de 2024 co 100% da pensión terán que ter 65 anos cumpridos.

O que non cambiou coa reforma de 2013 é o requisito de cotización mínima para poder acceder á pensión contributiva de xubilación, que se mantén en polo menos 15 anos, dous dos cales deben estar comprendidos nos 15 anos anteriores á xubilación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade