Cargando resultados...
Os veciños de Forcarei acoden ao cribado masivo no centro de saúde
Os veciños de Forcarei acoden ao cribado masivo no centro de saúde
O Sergas citou 1.600 persoas para facer unha proba PCR
G24.gal
20/11/2021 19:40
Os veciños de Forcarei responden ao cribado acudindo dende primeira hora ao centro de saúde da vila. O Sergas citou para facer unha proba PCR 1.600 persoas, que son case a metade da poboación do concello pontevedrés. Os convocados teñen entre 40 e 75 anos.
A incidencida acumulada a sete días supera os 250 casos por cada cen mil habitantes.
A alcaldesa, Verónica Pichel di que o Sergas rexistrou 25 casos e que a maioría dos contaxiados son asintomáticos ou casos leves.