Cargando resultados...
Os veciños da Xironda preparan os farois para a procesión que sairá só se deixa de chover
Os veciños da Xironda preparan os farois para a procesión que sairá só se deixa de chover
Trátase dunha tradición recuperada polas mulleres da aldea hai máis de dúas décadas
G24.gal
28/03/2024 14:32
Adegas e baixos atesouran durante todo o ano os farois protagonistas deste Xoves Santo na Xironda. Ao caer a noite, tras a misa, se o tempo o permite, sairán polas rúas da aldea nunha procesión das máis vistosas de Galicia. Son os propios veciños os que elaboran os farois, noutrora con papeis e velas e hoxe en día con teas de cores e lámpadas alimentadas con baterías.
Unha tradición que se perdera e que recuperaron as mulleres desta aldea hai máis de dúas décadas. Cada ano incorporan novas estruturas e amañan as xa construídas. Entre pequenos e grandes saen en procesión uns 80 farois.