Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jana pasa por Galicia en forma de temporal costeiro con mar bravo e vento forte

Jana pasa por Galicia en forma de temporal costeiro con mar bravo e vento forte

Ondas de seis metros, ventos de ata 115 km/h e 33 l/m2 son os efectos máis perceptibles da borrasca

O aviso laranxa por ondas e mar de vento manterase durante o domingo en toda a costa atlántica 

G24.gal 08/03/2025 21:11 Última actualización 09/03/2025 15:01

A peor cara que nos amosou a borrasca este sábado situouse no mar, con activación do aviso laranxa a partir das nove da noite, por ondas que poden acadar os seis metros en toda a fachada atlántica. 

Practicamente en todo o litoral hai aviso por vento, con rexistros de 108 quilómetros por hora en Burela ou 98 en Oia. Aínda que foi a estación de Lardeira, en Valdeorras, a que rexistrou o refacho máximo da xornada con 115 quilómetros por hora.

Con todo, o temporal deixou algún intre de tregua e cando cadraba una raxeira, permitiu achegarse á costa para gozar da paisaxe.

Nas montañas de Lugo e Ourense o aviso é por neve, en cotas superiores aos 1.200 metros de altitude.

Aviso por chuvia

Jana tamén deixa moita chuvia, con aviso amarelo no interior de Pontevedra, aínda que foi na Baixa Limia, en Baltar, onde se recolleron máis precipitacións, 33 litros por metro cadrado en doce horas.

A borrasca continua este domingo, deixando sobre todo moito vento e mar bravo na costa atlántica.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade